ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga conta cun novo selo do Camiño de Inverno

Conta cun deseño no que aparecen importantes puntos de referencia para esta ruta xacobea dentro do municipio.

O concello de Quiroga conta cun novo selo do Camiño de Inverno. Así, os peregrinos que pasen pola vila facendo o Camiño de Santiago levarán un novo cuño nas súas credenciais.

A casa consistorial, a oficina de turismo e os museos municipais son os lugares nos que se conta xa con este novo selo, cun deseño no que aparecen importantes puntos de referencia para esta ruta xacobea dentro do municipio.

 

 

As igrexas de Montefurado, Hospital, a Ermida e Quiroga, o túnel romano de Montefurado ou o Crismón da Ermida, son algunhas das referencias que se poden ver neste novo gravado. Tamén hai un asomo a dous produtos emblemáticos do municipio: o viño e o aceite.

Os concellos polos que pasan os camiños de peregrinación a Compostela teñen a obriga de ter un selo que acredite que os peregrinos pasaron por ese lugar. “Quiroga hai anos que contaba cun selo pero agora substituirase por este novo deseño, que sen dúbida dará máis atractivo á credencial de cada peregrino e ao noso municipio”, explican.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button