Dende a Oficina de Xuventude do Concello de Quiroga vén de convocarse unha nova edición do Certame Poético. Nas súas bases sinálase que o concurso está a aberto a todas as persoas que desexen participar “cun máximo de dous poemas, escritos en galego ou en castelán”.
Tamén se indica que os traballos deberán ser inéditos e presentaranse por duplicado, escritos a dobre espazo por unha soa cara, nun papel de tamaño A4. A súa extensión mínima será “de 20 versos e a máxima de 100. A métrica e o tema serán de libre elección”, citando de novo as bases. Os traballos pódense enviar por correo ou entregalos persoalmente na Casa de cultura, rúa Xardíns, s/n, 27320, Quiroga, teléfono 982 435125. A data límite para presentalos é o venres 24 de xullo.
Ademais fíxanse as categorías Locais e Non locais e en cada unha delas un abano de idades: Xuvenil, de 12 a 18 anos; Senior, de 19 a 35 anos; e Dourada, de 35 anos en adiante. A data fixada polo Concello para a entrega de premios será o venres 7 de agosto ás 00:00h. na zona de pubs. Os galardóns serán: un 1º: 100€ + Diploma, así como un 2º e 3º: Trofeo + Diploma.