En portadaGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

Quiroga énchese de xente para celebrar a IV Festa Qui-Roma

Centos de persoas ateigan as rúas para ver o paso das lexións romanas e dos castrexos que loitaron pola súa liberdade na Praza Maior

As rúas do Concello de Quiroga enchéronse esta pasada fin de semana de centos de curiosos que, ataviados con vestimentas de época, saudaban o paso das lexións romanas e dos castrexos. A IV edición da Festa Castrexo-Romana Qui-Roma celebrouse cun éxito rotundo de público. Tras o desfile polas rúas máis céntricas da vila, o espectáculo trasladouse posteriormente á Praza Maior, onde se levaron a cabo as tradicionais loitas entre romanos e castrexos. Estes últimos, presos polos romanos, loitaron con dignidade por acadar a súa libertade.

Unha vez rematado o circo, a multitude congregada na praza deu paso ao grupo de animación Troula que, con zancudos incluídos, fixo vibrar a festa con música de tambores e espectáculo con malabares e lume. De igual xeito polas rúas da vila, a xente bailaba ao son da música de diferentes grupos de gaiteiros, que tamén vestidos de romanos, amenizaban o ambiente nas terrazas dos bares. No entorno da Praza Maior tamén se estableceron postos de artesanía e de venda de productos gastronómicos, entre outras actividades.

Texto e fotos: Sara Fontenla/ Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button