EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

Quiroga exalta a gran calidade do seu mel nunha animada e festiva xornada

A vila acollía a XXXII Mostra do Mel deste municipio coa participación de seis apicultores

 

 

Numerosas persoas percorrían a partir das once da mañá deste xoves 10 de agosto a rúa Real de Quiroga, onde se instalaba o recinto feiral da XXXII Mostra do Mel deste municipio. Este evento gastronómico, convertido tamén nun reclamo dentro do programa das festas de verán quiroguesas, aposta por exaltar e dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce na zona de Quiroga.

 

 

Desta vez podía catarse e mercarse o delicioso mel de seis apicultores: Manuel Macía González (As Estradas), María Carmen Macía Fernández (Quiroga), Rubén Figueroa López (Toucedo), Caurelor (Quiroga), Ángel Gómez Martínez (Paradapiñol) e Manuel Rodríguez Fernández (Centeais). Traían produción de mel de castiñeiro, de queiruga ou multiflorar, tres variedades con matices diferentes en canto a cor, textura e sabor pero coa mesma calidade será o que se poda atopar nesta mostra.

 

 

Ademais o ambiente estaba animado polo grupo de gaitas local O Recanto e, xa a partir das 13h, collía o relevo a modo de sesión vermú o grupo Movilla y los Irrepetibles co seu espectáculo de homenaxe aos clásicos da música mexicana e con versión de artistas españoles.

 

 

Ao mesmo tempo os asistentes aproveitaban para tomar algo nas terrazas dos establecementos de hostalaría da vila e mesmo para saborear tapas de pulpo e doutros produtos.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button