ConcellosEn portadaGalerías de fotosQuirogaÚltima horaVídeos

Quiroga exalta o seu ouro líquido nunha exitosa 24ª Mostra do Aceite, en Bendilló

Nesta edición podían degustarse e mercarse os aceites de sete colleiteiros da zona

 

Unha edición máis, e van xa 24, Quiroga pon en valor a súa tradición, cultura e produción olivareira coa Mostra de Aceite de Bendilló, promovida polo Concello. Neste domingo 21 de abril cobraba vida a partir das 11:30h. este singular evento coa posta en funcionamento do antigo Muíño de Aceite de Bendilló, no que o público pode descubrir como era en tempos a elaboración artesanal deste prezado produto. Demostracións que continuaban durante todo o día.

Ao mesmo tempo, abríanse os postos de venda do recinto feiral, no que nesta edición podía catarse e mercarse aceite de sete colleiteiros: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Aceiroga, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento.

Multitude de persoas, tanto da comarca quiroguesa como doutras próximas como é o caso de Valdeorras, dábanse cita neste evento no que se conxuga á perfección a posta en valor socioeconómica dun produto da terra coa etnografía, a divulgación e mesmo o turismo. Non en van esta mostra está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Ademais de aceites, no recinto feiral podía atoparse outros produtos típicos da zona como marmeladas, licores e tamén artesanía en madeira e cestería, entre outros. O ambiente estaba animado ao longo da mañá polo Grupo de Gaitas O Recanto e, a partir das 13h., actuaba o grupo de música tradicional Merenzao.

 

 

Entre as persoas que visitaban o recinto estaban membros da Corporación municipal de Quiroga, entre eles o seu alcalde, José Luis Rivera, que estaba ademais acompañado por diversas autoridades, entre elas o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, deputados e tamén alcaldes de concellos veciños. En primeiro lugar dirixíanse ao muíño de Bendilló, onde coñecían, paso a paso, o proceso tradicional da elaboración do aceite, seguindo as explicacións do técnico municipal Ramón Vila, quen, xunto a Lupe, propietaria do muíño, indicaba que unha das súas singularidades é que está movido pola forza dun burro.

 

 

Despois, as autoridades desprazábanse ao recinto feiral, onde probaban os diferentes aceites desta edición. A organización da mostra contaba coa colaboración da Policía Local de Quiroga. GES de Quiroga e Protección Civil.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button