ConcellosQuirogaÚltima horaVídeos

Quiroga rende culto ao seu patrón, San Martiño

 

Tras días de actividades culturais moi variadas, con proxeccións, música e teatro, Quiroga vive hoxe o día grande das festas patronais, na honra de San Martiño, cun programa que comezaba ás 11 da mañá.

 

 

A esa hora comezaban os cultos na igrexa parroquial. A chuvia impedía a procesión ata a praza polo que optaban por levar a imaxe de San Martiño ata a porta e regresar con ela ata o altar, nunha procesión simbólica antes da eucaristía que incluía a ofrenda dun bastón.

 

 

E xa pola tarde a celebración continuará na praza Maior, cuberta por unha carpa, onde a partir das sete da tarde terá lugar o magosto con castañas asadas e viño novo para todos os asistentes acompañado da música do DJ Michel.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button