ConcellosCulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaQuirogaÚltima horaVídeos

Quiroga vibra co ritmo das gaitas no XV Certame Celtibérico de Bandas “Memorial Muíño”

 

Dende a Casa da Cultura de Quiroga partía arredor das 11:30 horas deste sábado 30 de marzo o desfile de bandas de gaitas co que se encetaba o XV Certame Celtibérico “Memorial Muíño” desta vila. O desfile, percorría a rúa Real, pasando polo recinto da XLII Feira do Viño quiroguesa, ata chegar á praza de España, onde se iniciaba o campionato a partir das 12h.

 

 

Nesta edición participaban unhas trece bandas, catro delas da provincia de Lugo: San Martiño de Quiroga, Toxo Queimado de Baleira, a banda de Chantada e a do Concello de Monforte.

 

 

 

Tamén haberá seis ourensás: Nova Fronteira, Real Xuvenil, Ladies Band e as dos concellos de Riós e Esgos. Completan o programa as ferrolás Agarimo de Catabois e San Pantaleón das Viñas; Insua de Caldelas do municipio pontevedrés de Tui e a banda do Bierzo (León).

 

 

O campionato comezaba coas actuacións das bandas do cuarto grao: Escola de Gaitas San Martiño de Quiroga e a banda do Concello de Riós. Despois pasábase ao terceiro grao, sendo a primeira das agrupacións en actuar a de San Pantaleón das Viñas (Ferrol). Logo viñan as bandas de segundo e primeiro grao.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button