Representantes dos Radioaficionados de Trives veñen de participar na pasada fin de semana no Mercau Astur Radio, a feira do radioafeccionado e das comunicacións que se celebra no pazo de congresos e exposicións de Oviedo. Este evento, con exposición e conferencias, congrega en cada edición a numerosos radioaficionados que proveñen de varios puntos e España, e que ademais reúne unha gran cantidade de expositores, tanto profesionais como particulares.
Fotos e vídeo cedidos.