DeportesTenis

Rafael Gudiña e Diego Blanco (C.T. Rúa), campións alevín e absoluto da Copa Deputación de Ourense de Tenis 2026

 

Moi bos resultados para o C.T. Rúa na Copa Deputación de Tenis Ourense 2026 con dous campións: Rafael Gudiña en alevín masculino e Diego Blanco en absoluto masculino. Pedro Merino era subcampeón en alevín masculino.

 

Rafael Gudiña e Diego Blanco.

 

Na categoría alevín masculino a final disputárona dous xogadores do Club Tenis Rúa, Rafael Gudiña e Pedro Merino, con vitoria de Rafa por 6-1/6-3. Na categoría absoluta masculino Diego Blanco, xogador e capitán do Club Tenis Rúa, proclamábase campión despois de derrotar en semifinais a José Luis González por 6-2/6-0 e na final a Hugo Novoa por 6-1/6-2.

 

 

“Tamén tiveron unha moi salientable actuación Joaquín Escuredo en alevín masculino, Miguel Castro en absoluto masculino e a parella formada por Miguel Castro e Jonatan Domínguez en dobres masculinos, alcanzando todos eles as semifinais”, destacan dende o Club Tenis Rúa, cunha mención especial para Uxía Gudiña cunha “meritoria foi a actuación alcanzando as semifinais en cadete feminino sendo aínda alevín”

Tamén participaron na Copa os xogadores do Club Tenis Rúa Thiago Delgado, Jaime Prada e Marcos Blanco.

 

Uxía Gudiña.

 

Diego Blanco, capitán do C.T. Rúa.

 

Fotos cedidas.

Back to top button