DeportesKárateÚltima hora

Raúl Pérez e Eric Rodríguez (River Stone), representación valdeorresa na Liga Nacional de Karate, en Logroño

 

O Karate Club River Stone do Barco de Valdeorras continúa coa súa boa actuación na Liga Nacional. Desta volta eran Raúl Pérez Panizo (kata xuvenil masculino) e Éric Rodríguez Carballo (kata infantil masculino), acompañados polo mestre Nicolás Rodríguez, os representantes do club na proba celebrada o sábado 21 de febreiro no Pavillón de Deportes de La Rioja, en Logroño. Alí demostraban “un gran nivel ao medirse con karatekas de moi alto nivel, de toda España”, aseguran orgullosos dende o club barquense.

 

 

A seguinte cita será o Campionato Galego Infantil e Copa Cadete 2026 que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 14 de marzo.

Fotos cedidas.

Back to top button