ConcellosO BarcoÚltima hora

Reabre ao tráfico a avenida Conde de Fenosa do Barco, tras o corte desta mañá

 

Rozando as dúas e media da tarde, reabría ao tráfico a avenida Condesa Fenosa do Barco, que durante esta mañá cortábase á circulación co fin de levar a cabo unha obra provisional que permita o bombeo de auga que chega ao pozo da esquina de Santa Rita, ao pozo da rúa Pescadores, debido á rotura do colector da rede de saneamento situado nese tramo de vía.

O tráfico queda reaberto a todo tipo de vehículos excepto os vehículos pesados para os que se segue mantendo á prohibición de circular ao longo de toda a travesía.

O Concello do Barco lembraque a obra acometida durante a xornada de hoxe, forma parte dos traballos que se están levando a cabo na zona para a reparación do mencionado colector.

 

Back to top button