
Rematadas as obras de reparación do colector de saneamento danado, situado na intersección coa rúa Santa Rita do Barco, a Policía Local abrirá o ao tráfico rodado a travesía N-536, isto é a estrada xeral da vila, mañá martes, día 20 de outubro, ás 9:00 horas.
O pasado 15 de setembro, o Concello do Barco comezaba as actuacións, que supuxeron o corte ao tráfico da arteria principal da vila, durante un período de máis de pouco máis dun mes, desviando os vehículos polas rúas lindeiras, e non permitindo o paso aos camións de gran tonelaxe.
“Cumprido o prazo de execución da obra, tan só resta por agardar a que o formigón da Rúa Santa Rita asente, para proceder ao seu asfaltado, unha acometida que se levará a cabo nun prazo aproximado de tres meses”, segundo o Concello do Barco.