En portadaÚltima hora

Reactívase o lume de Riodolas (Carballeda de Valdeorras)

O incendio visto dende a ponte de Viloira  (O Barco).

 

O aire vén de reactivar o incendio forestal de Riodolas (Carballeda de Valdeorras) que estaba estabilizado dende as 00,40 h. e que afecta a unha superficie estimada de 1.100 hectáreas provisionais. No seu control levan participado en total 6 técnicos, 21 axentes, 50 brigadas, 26 motobombas, 3 pas, 4 avións e 6 helicópteros.

Dúas enormes columnas de fume poden verse dende O Barco e amosan a forza que ten o lume nestes momentos ata o punto de verse afectados polas chamas unha motobomba e un bulldozer do Servizo de prevención e extinción.

Con todo parece que non houbo que lamentar danos persoais. En canto se teñan máis datos ampliarase a información.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button