
Está claro que o infernal incendio que arrasa Valdeorras dende hai unha semana aínda está máis que activo. Asó o demostran estes vídeos tomados na tarde deste martes 19 de agosto nos que se vei a reactivación do lume en Vilanova, no concello do Barco.

Tal como explican os veciños, ardía pola mañá un piñeiral e parecía que o tiñan controlado pero pola tarde volvían prender as chamas na zona. No momento de escribir esta nova, había medios forestais terrestres e alomenos un helicóptero.

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.
Vídeos cedidos.