DeportesÚltima hora

Real Madrid, Atlético de Madrid, Benfica, Dépor e Celta xogan en Ourense

Os alevíns deses equipos disputan esta fin de semana o primeiro Torneo Internacional de Fútbol 7 no campo de Eiroás
Un momento da presentación do I Torneo Internacional de Fútbol 7, que traerá a equipos de renome até a cidade. // Foto: S.F.
Un momento da presentación do I Torneo Internacional de Fútbol 7, que traerá a equipos de renome até a cidade. // Foto: S.F.

O campo de fútbol do Centro Deportivo Be One de Eiroás, en Ourense, acollerá esta fin de semana a primeira edición do Torneo Internacional de Fútbol 7 cun cartel de altura: os equipos alevíns do Real Madrid, do Atlético de Madrid, do Benfica de Lisboa e das canteiras máis novas do Deportivo da Coruña e do Celta de Vigo, que se disputarán o balón nunha competición na que tamén participará o Ribadeo, unha selección ourensá e o anfitrión, o Santa Teresita.

A proba deportiva foi presentada esta mañá no salón de plenos do Concello cunha rolda de prensa na que estiveron presentes o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, o presidente do clube organizador Santa Teresita, Carlos Docampo, e representantes dos principais patrocinadores.

“Unhas 30 empresas que colaboran con este campionato converterán o campo de fútbol de Eiroás na capital do fútbol de base”, explicou o rexedor, que se mostrou a favor de iniciativas coma esta pola “promoción e a posta en valor do deporte base entre a mocidade ourensá”. O espectáculo comezará a primeira hora do sábado 17.

Back to top button