OurenseÚltima hora

Reaniman a unha menor tras ser rescatada inconsciente da piscina municipal de Vilar de Barrio

 

Na tarde deste luns 25 de agosto unha menor era reanimada tras ser rescatada inconsciente da auga na piscina municipal de Vilar de Barrio, tal como explican dende o 112 Galicia que era alertado por un particular dez minutos despois das 17:30 horas indicando que “unha menor estaba sendo atendida polo socorrista das piscinas municipais tras ser rescatada inconsciente da auga”. Naquel momento, outros alertadores explicaron que “estaban tratando de reanimala”.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaban de inmediato a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, do GES de Maceda e dos voluntarios de Protección Civil de Vilar de Barrio.

“Por fortuna, finalmente as manobras de reanimación finalizaron con éxito e a menor foi evacuada consciente en ambulancia ao centro hospitalario de referencia”, indican dende o 112, engadindo que ata o lugar tamén se mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

Back to top button