SanidadeÚltima horaVídeos

Recomendacións fronte ás infeccións respiratorias do xefe do Servizo de Neumoloxía do hospital ourensán

 

Nun momento no que a Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco está en “pleno pico de infeccións respiratorias”, o xefe de Servizo de Neumoloxía do Hospital Universitario de Ourense, Abel Pallarés, achega neste vídeo unha serie de recomendacións para esta época do ano.

Entre elas, Pallarés incide na importancia da vacinación, cunha referencia especial ao caso da gripe, nos grupos de risco, pero tamén na relevancia da prevención. “Nestas épocas é fundamental o uso de máscara sempre nos centros hospitalarios”, asegura, e indica que non só é un xesto de prevención a nivel individual, senón tamén xenoroso, posto que evita que se contaxien estes virus a outras persoas máis vulnerables ou con problemas respiratorios.

Tamén incide na importancia de usar de maneira axeitada a atención sanitaria e de “facer un uso responsable das urxencias”.

Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button