Nos meses de agosto e setembro de 2025 os incendios arrasaron a comarca de Valdeorras, sendo o do Bolo un dos municipios máis afectados polo lume coas lapas moi preto das casas en varios núcleos de poboación como O Seixo ou Celavente, entre outros.
Para conseguir sufocalos foi indispensable a axuda dos voluntarios, veciños que ían duns pobos a outros colaboranco cos servizos forestais contra incendios. E como é de bo nacido ser agradecido, no mediodía deste sábado 4 de abril, o Concello do Bolo tiña un acto de recoñecemento e agradecemento para todos eles, xusto antes de comezar o xantar da Vitela que reunía a unhas 650 persoas no pavillón municipal.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.