
Un ano máis e xa van doce celebrábase o Épico Parteme-Pía Paxaro, unha espectacular e dura ruta ciclista por terras quiroguesas que completaban 20 ciclistas, acompañados por familias no tradicional xantar no Foguete.

Coma sempre a saída tíñana en Quiroga rumbo a Parteme, pasando polo Alto do Boi para subir ata a Pía Paxaro a 1.610 metros, baixando despois polas canteiras para xantar en Pacios da Serra e acabar baixando polo curso do Río Quiroga ata o punto de partida.

“Foi unha fin de semana de ciclismo de amigos en Quiroga, na que este ano contamos con ilustres da BTT galega como Brandan Márquez, Eva Ortega ou o xornalista, ciclista e you-tuber Ramon Mella”, explican dende a organización que aproveitaban a proba para facer testeos de varios cambios no percorrido para a Quiroga Bike Marathon que se celebrará o 19 de setembro con cambio de tarifa o 31 de xullo.
Fotos cedidas