CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Rei e Raíña presiden por vez primeira a antiga Festa de Reis de Cádavos (A Mezquita)

Ambos percorrían onte a localidade para recoller, casa por casa, os aguinaldos

 

Cunha cea da veciñanza na noite do 5 de xaneiro comezaba a tradicional Festa de Reis de Cádavos (A Mezquita), que se recupera tras o obrigado parón pola pandemia do Covid. Ademais neste ano, por primeira vez, estaba presidida por un Rei, Rubén, e por unha Raíña, Lilí. “Ata agora os cargos da festa eran homes, un Rei solteiro e un Rei casado, pero o último ano que se fixo, antes do Covid, acordouse que para a seguinte festa xa entrarían as mulleres na organización”, explica a Raíña deste 2023.

 

 

 

A festa continuaba o día 6 de xaneiro coa asistencia dos cargos á misa de Reis ás 11h. e, de seguido, acompañados dunha comitiva na que non faltaba a música tradicioinal, daban unha ronda, casa por casa, polo pobo para recoller os aguinaldos. A continuación, homes e mulleres, reuníanse para comer.

 

 

 

A esta festa, que tempo atrás estaba só reservada aos homes, incorporábanse hai unha década as mulleres aos banquetes e, desta volta, xa á organización. A celebración continuará con xantares e ceas colectivas ata o 8 de xaneiro, derradeiro día.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button