SanidadeÚltima hora

Rematan a súa formación especializada no CHUO os MIR que retrasaron a súa incorporación pola pandemia

Dos novos especialista a metade permanecerán vencellados a Área Sanitaria, en concreto un oncólogo, dous médicos internistas e un cirurxan

 

O Hospital Universitario de Ourense despedíu hoxe aos oito especialistas que tiveron que retrasar a súa etapa formativa de maio a setembro pola pandemia, ao coincidir a súa incorporación cos días de maior intensidade de expansión do virus e o confinamento en 2020, todos eles xogaron un papel especialmente activo nos primeiros días de formación, nos que ademais de polos seus servizos rotaron polos servizos de urxencias e colaboraron cos dispositivos creados específicamente.

Os oito coinciden tamén nunha residencia de cinco anos, que é a duración da formación especializada nos servizos cirúrxicos e medicina interna, medicina intensiva e oncoloxía médica. Dos especialistas da área cirúrxica nesta promoción remata a primeira residente formada na nosa área sanitaria de Anxioloxía e Cirurxía Vascular, xunto con outra de cirurxía ortopédica e traumatoloxía e un novo cirurxan xeral e do aparello dixestivo.

Dos novos especialista a metade permanecerán vencellados a Área Sanitaria, en concreto un oncólogo, dou médicos internistas e un cirurxan, voltando os demais ás súas cidades de orixe, en concreto Sevilla, Valencia e San Sebastian.

Unha promoción marcada polo excepcional

Os novos especialistas coincidiron neste periodo convulso cos 32 que se graduaron este mesde xullo 13 corresponden a medicina familiar e comunitaria, e 19 das diferentes especialidades hospitalarias como anestesia e reanimación, oftalmoloxía, otorrinolaringoloxía, aparello dixestivo, farmacia hospitalaria, medicina preventiva e saúde pública, nefroloxía, pneumoloxía, radiodiagnóstico, obstetricia e xinecoloxía, pediatría e psiquiatría.

Unha vez mais, desde a Dirección da Área Sanitaria de Ourense deséxase facer público o seu agradecemento ao masivo compromiso e dispoñibilidade, así como do conxunto de todos os e as residentes en formación, que continúan a prestar un servizo imprescindible nestes días, con dedicación e espírito solidario. 

 

 

De dous a cinco anos de “residencia”

Dende 1977, data da Orde Ministerial que institucionalizou a nivel nacional a vía MIR, a Comisión de Docencia de Ourense, leva mais de corenta anos formando especialistas dun xeito continuado, aumentando progresivamente a súa acreditación para impartir formación en novas especialidades e centros.

A duración do período de formación dos novos residentes depende da especialidade elixida. Nas de enfermería son dous anos, farmacia e psicoloxía catro, ao igual que na maioría das disciplinas médicas, salvo en cirurxía xeral e do aparello dixestivo, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, medicina interna, medicina intensiva e oncoloxía onde se estenden a cinco anos.

A apertura do acto de clausura do curso correu a cargo do director asistencial da Área Sanitaria, Eloy Sánchez, e o presidente da comisión de docencia, Jesús García Mata, así como o representante dos residentes, Jacobo Pérez Abad, de Oncoloxía, que deu paso a recollida de certificacións de especialidade e entrega de premios.

Como xa ven sendo unha tradición, os novos especialistas recibiron un alfinete de prata deseñado polo escultor ourensán Manuel García “Buciños”, peza única denominada “Unha ponte cara á saúde” que lle foi encargada pola Área Sanitaria, para servir como lembranza do seu paso polas unidades docentes de Ourense.

 

Back to top button