ConcellosO BarcoÚltima hora

Rematan as obras de mellora da estrada entre Éntoma (O Barco) e A Veiga de Cascallá (Rubiá)

Cedida.

 

A semana pasada remataba a terceira e última fase do proxecto de asfaltado e pintado da estrada uque conecta Éntoma (O Barco) coa Veiga de Cascallá (Rubiá), que é de titularidade do Concello do Barco. Tiña un orzamento de execución de 124.000 euros (IVE incluído), permitiu dar servizo de acceso a numerosas parcelas agrícolas, entre as que se atopan extensos viñedos e outras terras de labranza.

Debido ao paso frecuente de maquinaria pesada, o pavimento atopábase nun avanzado estado de deterioro, o que facía complicada a circulación de vehículos. A mellora realizada consistiu nun reforzado do firme existente coa incorporación dunha nova capa máis adecuada ás características do tráfico rodado que soporta este tramo.

Tamén procedeuse á limpeza, regularización, pavimentación e pintado das marxes da calzada, así como ao refino dos bordos e perfilado da cuneta lateral, para mellorar a drenaxe das augas pluviais do camiño.

Cambio de tubaxes en Veigamuíños

O Concello do Barco está procedendo ao cambio de tubaxes – de rego e abastecemento –, de fibrocemento, por polipropileno, no tramo urbano da estrada OU-0851, na zona de Veigamuíños-Tremiñá, que será posteriormente asfaltado pola Deputación provincial, nun proxecto de mellora da seguridade viaria nesta travesía, iniciado en 2023.

Back to top button