
O Concello de Viana do Bolo vén de finalizar as obras de rehabilitación e mellora integral da Estación de Autobuses desta localidade. A intervención incluía actuacións como o cambio de cristalería rota, pintura e tapado de graffitis, instalación de novos bancos e iluminación, entre outras.
“Foi unha morea de reparacións que, sen dúbida, eran moi necesarias tanto para as persoas usuarias desta instalación, como para a boa imaxe do pobo”, tal e como sinala o alcalde de Viana, Germán García-Ávila.
