CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Rematan os campamentos de verán 2025 do Concello de Quiroga

 

Hoxe chegaron ao seu fin os Campamentos de Verán,organizados dende a Área de Igualdade do Concello dentro do programa “Concilia Quiroga”, cofinanciado a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga.

Cunha matrícula de 110 nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto, foron moitas as actividades nas que participaron, con actividades nas aulas realizando obradoiros de todo tipo ata excursións para visitar os nosos museos e facer unha pequena ruta polas diferentes localizacións da vila onde se atopa un mural. Todo elo baixo a supervisión de voluntari@s e unha coordinadora que se ocuparon do coidado dos rapaces durante as horas de campamento.

Os nenos e nenas tamén se viron afectados nestas dúas últimas semanas polos incendios que sufriron os nosos montes, debido a que o fume e a calidade do aire non eran as adecuadas para a poboación e por tanto non se podían realizar tarefas o aire libre nin acudir as piscinas, así os monitores e monitoras destes rapaces tiveron que tirar de imaxinación e poder ofrecerlle outro tipo de actividades a rapazada.

Así, esta mañá, os rapaces e rapazas tiveron a súa merecida festa de despedida na que houbo todo tipo de xogos, pintacaras, realización de trenzas, xogos de pompas con xabón, ect,.O que non faltou foi un ríquisimo almorzo a base de bocatas e larpeiradas, a que tamén acudiron os responsables municipais e que se desenvolveu no patio do CEIP de Quiroga.

 

Back to top button