OurenseÚltima hora

Renfe mellora a conexión entre Vigo e Ponferrada cunha segunda frecuencia diaria por sentido

 

Renfe vén de anunciar que mellorará a comunicación ferroviaria entre Vigo e Ponferrada coa programación dunha segunda frecuencia en cada sentido a partir do próximo 7 de abril. Un novo servizo Rexional circulará a diario reforzando a conectividade entre ambas as cidades e ampliando as opcións de mobilidade para os viaxantes.

Desde Vigo Guixar, esta segunda frecuencia sairá ás 8:30h e chegará a Ponferrada ás 14:00h. En sentido contrario, a hora de saída será ás 16:05h e chegará á cidade olívica ás 21:33h. Cos novos horarios, os viaxantes pasan a dispoñer de alternativas de viaxe tanto de mañá como de tarde.

Os billetes e a información de horarios das paradas intermedias xa están dispoñibles nas canles habituais de Renfe: despachos de billetes, máquinas autoventa, App Renfe, no teléfono 912 320 320 e en renfe.com

Obras de mellora na infraestrutura

A posta en marcha deste tren Rexional coincide co inicio do plan alternativo de transporte programado por Renfe con motivo dos traballos de mellora de Adif entre Redondela e Guillarei. Estas actuacións supoñen que, desde o 7 de abril e durante un ano, todos os Rexionais Express con destino Ourense/Ponferrada e Intercity con destino Porto realizarán o traxecto entre Guillarei e Vigo Guixar por estrada.

Back to top button