
Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada do 22 ao 26 de abril de 2026 con motivo dos traballos de mellora que Adif levará a cabo eses días na infraestrutura entre Monforte de Lemos e Lugo, incompatibles coa circulación ferroviaria, tan como informan dende a compañía.
Estas actuacións requiren a modificación dos servizos de Media Distancia que realizan os traxectos entre Ourense-Monforte de Lemos– Lugo-A Coruña, así como o Alvia que conecta Lugo e Madrid, en ambos os sentidos. A compañía “garantirá a mobilidade dos viaxantes coa programación dunha alternativa de transporte por estrada para os 40 servizos afectados durante o período de traballos:
Servizos de Media Distancia
– MD 12644 A coruña (7:05h) – Ourense (10:49h). Transbordo por estrada entre Rábade e Ourense
– MD12641 Monforte de Lemos (7:30h) – A Coruña (10:13h). Transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Rábade
– MD 12642 A coruña (19:35h) – Monforte de Lemos (22:26h). Transbordo por estrada entre Rábade e Monforte de Lemos
– MD12646 Ourense (19:50h) – A Coruña (23:31h). Transbordo por estrada entre Ourense e Rábade
– MD 12694 Ourense (12:32h) – Lugo (14:12h). Transbordo por estrada entre Ourense e Lugo
– MD12696 Lugo (14:41h) – Ourense (16:15h). Transbordo por estrada entre Lugo e Ourense
Servizos de Longa Distancia
– Alvia 4325 Madrid (13:20h) – Lugo (17:58h). Transbordo por estrada entre Monforte de Lemos, Sarria e Lugo
– Alvia 4114 Lugo (11:15h) – Madrid (16:00h). Adianta a súa saída ás 10:55h e realiza transbordo por estrada
entre Lugo, Sarria e Monforte de Lemos.
Os servizos Intercity entre Ourense e Lugo, que na actualidade xa se prestan por estrada con motivo das obras de mellora da estación lucense, continuarán operando do mesmo xeito. A compañía activou cambios e anulacións sen custo para os viaxantes dos servizos afectados e lembra que nos traxectos por estrada non están permitidos os animais de compañía. Os billetes e toda a información están dispoñibles nas canles habituais de Renfe: despachos de billetes, máquinas autoventa, App Renfe, no teléfono 912 320 320 e
renfe.com.