ConcellosO BarcoÚltima hora

Reparada a avaría no subminisitro de auga do Barco que se orixinaba na rúa San Roque da vila

Lugar da rúa San Roque onde se orixinaba a avaría./ Foto: O SIL.

 

Segundo vén de informar o Concello do Barco, ás 1:50h. desta madrugada reparábase a avaría que se producía na tarde de onte no servizo de subministro de auga por causa dunha rotura á altura do número 5 da rúa San Roque, na zona vella da localidade.

“Ás 9:00h da mañá, o responsable da concellería de obras daba por arranxado o problema e todos os puntos. Advírtese de que nas vindeiras horas a auga aínda podería salir algo turbia. Ás 1:50h.”, indica o Concello do Barco.

A avaría afecta principalmente ás rúas San Roque, Real, San Mauro, praza Maior, Eloi Mira, Canton, Manuel Quiroga.

Back to top button