
As concelleiras de Cultura e Medio Ambiente, Margarida Pizcueta e Diana Urdangaray, visitaron hoxe todos os centros educativos do municipio (de Primaria e Secundaria) para entregarlles exemplares da “Guía de árbores e arbustos do Barco”, editada polo Concello, así como acivros.
A idea é que os centros escolares utilicen as guías non só para coñecer as árbores e arbustos existentes na localidade, senón tamén para que os profesores e alumnos traballen coa guía e desenvolvan actividades relacionadas coa riqueza natural existente no Barco, tal e como indican dende o Concello.