CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Reparto de puntos e chourizada gratis no CD Barco-RC Vilalbés disputado en Calabagueiros

Co empate a ceros remataba o partido disputado na tarde deste chuvioso domingo 16 de novembro

 

Máis alá do resultado a festa está garantida en cada partido que o CD Barco disputa no campo municipal de Calabagueiros, coa merenda á que convidan á afección. Hoxe non foi unha excepción e no descanso do encontro ante o Racing Club Vilalbés, os asistentes puderon degustar uns 600 ricos chourizos asados con pan.

 

 

No apartado estrictamente deportivo o encontro resolvíase sen goles, co empate a ceros e o conseguinte reparto depuntos tras noventa minutos de xogo, pasados a maioría por auga.

 

 

Trala vitoria 1-2 no campo dos Carrís ante a UD Barbadás a pasada xornada, na tarde deste domingo 16 de novembro os de Lino Estévez saltaban ao terreo de xogo cunha mensaxe de ánimo para Nico quen, lesionado, acompañábaos con muletas para a foto inicial. A partir de aí foi un tira e afrouxa por parte de ambos equipos, Barco e Vilalbés, sen que ningún dos dous lograse anotar.

 

 

Co 0-0 o CD Barco suma un punto máis, chegando aos 12 que o sitúan no posto 13º da Terceira Federación, a tres da metade da táboa. O seguinte partido será no campo Julio Mota contra o CF Noia.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button