A céntrica rúa Abdón Blanco do Barco acollía na noite do 16 de agosto unha nova actuación do quinto ciclo Terrasón. Desta volta subíanse ao escenario ás 22:30h. “Mazu & The Rokkens”, unha banda berciana que fai versións de temas pop e rock dos anos 80, 90 e 2000.
Nacha Pop, Amaral, Loquillo, Hombre G, A Quinta Estación, Arde Bogota, Elvis Presley, Tina Turner, Extremoduro… son algúns dos grupos versionados por esta banda, que tamén interpreta algunha peza en inglés.
Fotos e vídeos cedidos.