EconomíaEconomíaÚltima hora

Representantes da CEO e Cepyme coñecen a central de bombeo de Iberdrola de Sil Xares, en Valencia do Sil (Vilamartín)

 

No marco da viaxe que representantes da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) realizaban neste venres a Valdeorras con motivo de celebrar na comarca a súa xunta directiva, incluíanse varias visitas previas. Unha deles era á central de bombeo de Iberdrola en Sil Xares, en Valencia do Sil (Vilamartín).

 

 

Así os directivos da CEO, e tamén responsables da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), eran recibidos por Miguel Ángel López, director de Xeración Sil – Támega de Iberdrola, e Francisco Silva, delegado de Iberdrola en Galicia, que lles mostraban o funcionamento desta central de bombeo e lles explicaban o funcionamento desta infraestrutura estratéxica para o almacenamento de enerxía a gran escala.

Entre os asistentes tamén estaba a presidenta de Cepyme e vicepresidenta da CEOE, Ángela de Miguel, encargada de clausurar a xunta directiva da CEO nesta ocasión.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button