En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Rescatada con éxito unha cadela atrapada nun tellado no centro do Barco

No operativo de rescate participaban a Policía Local e os bombeiros do parque comarcal

 

Pasadas as doce do mediodía deste 18 de febreiro, a Policía Local do Barco recibía o aviso da propietaria dunha cadela indicando que o animal, nun descoido, sairá da súa vivenda e saltara ao tellado dun edificio próximo do centro da vila, onde quedaba atrapado.

Dábase entón aviso aos bombeiros do parque comarcal que trasladaban dous vehículos á zona, un deles con escaleira estensible co fin de poder chegar ata a cadela, de nome Babi e raza Border Collie de 3 anos de idade. A solución pola que se optaba era acceder dende o tellado dun inmoble da rúa da Estación, que décadas atrás era unha distoteca.

 

 

Así o facían dous bombeiros, que dende a cesta do camión ascendían polo tellado ata chegar ata a cadela, suxeitábana e iniciaban o percorrido de volta. Abaixo, visiblemente nerviosa, a súa dona seguía paso a paso o rescate, que remataba felizmente arredor das 13:15h, cando a propietaria abrazaba emocionada a Babi, xunto aos bombeiros e os policías locais que participaban no operativo de rescate.

Ademais facíano entre os aplausos das numerosas persoas que se congregaban na rúa da Estación do Barco, á altura do número 13, seguindo o rescate.

O operativo, que durou aproximadamente unha hora, obrigaba a cortar durante este tempo a rúa da Estación, na parte que dá acceso ao paseo do Malecón.

Fotos: Periódico O SIL.

O rescate da cadela Babi nun tellado do Barco, en imaxes

 

Artigos relacionados

Back to top button