ConcellosO BarcoÚltima hora

Rescatada unha persoa no río Sil, ao seu paso polo Barco

 

Pouco antes das seis desta tarde de 16 de xuño unha persoa era rescatada do río Sil, no Barco, na beira da praia fluvial, no Malecón. O 112 Galicia tiña coñecemento deste feito polas chamadas de varios particulares que informaban de que se sacara a esta persoa do río e que pedían asistencia sanitaria.

Segundo testemuñas presenciais, eran varios veciños que estaban na praia os que se percataban de que un home sufría unha indisposición mentres se estaba bañando. Entre dous mozos sacaron ao home do río. Alí tamén se encontraba un sanitario e unha policía local, que estaban fóra de servizo, e foron os primeiros en pedir axuda e proceder a reanimalo.

Dende o 112 Galicia avisouse ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local e á Garda Civil, que de contado se presentaban no lugar do suceso. A persoa era trasladada en ambulancia ao hospital  de Ourense.

Back to top button