OurenseÚltima hora

Rescatada unha persoa nun incendio en Ourense

 

Na mañá deste venres 28 de novembro, unha persoa era rescatada nun incendio en Ourense. Tal como indican denden o 112 Galicia tiñan constancia do suceso uns minutos despois das 7:30 horas, “logo de que un particular informase de que vía saír fume dunha ventá na rúa de Ramón Puga, ademais de que cheiraba a queimado”.

Con esta información os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Ourense e da Policía Nacional e da Local. “Tamén se mobilizaron as urxencias sanitarias, pois unha persoa precisou atención médica despois de ser rescatada do domicilio polos bombeiros, aínda que non foi trasladada”, indican, asegurando que “o lume afectou á placa da cociña, así como ao extractor e aos mobles anexos”.

Back to top button