Varias persoas eran rescatadas na neve nun operativo que se desenvolvía onte no entorno da Estación de Montaña de Manzaneda. Así a Garda Civil ás 18.48 horas do domingo 9 de marzo tiña coñecemento, a través do 112 Galicia, de que 4 persoas estaban atrapadas na neve co seu vehículo nunha pista entre Camba e Manzaneda, no termo municipal de Chandrexa de Queixa e a 10 km da Estación de Montaña de Manzaneda.
A partir de aí a Garda Civil establecía un dispositivo de rescate no que participaban GREIM (o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña), SEPRONA e Seguridade Cidadá de Trives.
Ás 22.45 o GREIM localizaba ás persoas atrapadas e trasladábaas ata a estación, apoiados por unha máquina pisapistas. Os axentes do Grupo de Montaña da Garda Civil tiveron que acceder ata as persoas camiñando con esquis durante 2 horas para poder auxilialos, segundo informa Garda Civil.
Imaxes: Garda Civil.