ConcellosO BarcoÚltima hora

Rescatado un home no río Sil á altura do Porto da Barca, no Barco

 

Contra ás dez e media deste luns 8 de setembro un home de avanzada idade era rescatado das augas do río Sil, no Barco, na zona do Porto da Barca. Eran unha persoas que pasaban polo lugar as que daban a voz de alerta e mesmo unha delas baixaba ao río para tratar de sacar ao home. De inmediato acudían ata alí axentes da Policía Local do Barco, que axudaba ao mozo a levar ata a beira do río ao home. Tamén o reanimaban.

Ata o lugar tamén se trasladaba unha ambulancia do 061. Dende alí era trasladado para recibir atención sanitaria. Ata o lugar do suceso tamén se desprazaba a Garda Civil.

 

Back to top button