OurenseÚltima hora

Rescatado un menor cunha perna atrapada na barreira de seguridade da A-52, en Toén

 

Os equipos de emerxencias rescataban esta mañá a un menor cunha perna atrapada na barreira de seguridade da A-52, en Toén. “Mentres realizaban a asistencia a un vehículo avariado, o cativo meteu a perna na barreira de seguridade da vía e quedoulle atrapada. Para poder liberarlo, solicitouse a intervención dos Bombeiros do Carballiño e os membros do GES de Ribadavia, tal e como informa o 112 Galicia.

Ademais, indican que que “quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda foi o persoal da asistencia en estradas despois de intentar reiteradamente liberar a perna do pequeno. Como calquera intento resultou sen éxito, pediron asistencia a través do número de emerxencias, e activouse o operativo. Atopábanse na A-52, ao paso polo punto quilométrico 236, en Toén, sentido Benavente”.

Cando os bombeiros e efectivos de emerxencias rescataron o pequeno, este recibiu atención médica por parte dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ao lugar tamén acudían os axentes da Garda Civil de Tráfico, “xa que a circulación era lenta e as retencións prolongadas mentres duraron os traballos de rescate e asistencia ao menor”, engade o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button