No club de pesca deportiva Spinning Valdeorras seguen apostando polas novas xeracións, fomentando a pesca responsable e o coidado do medio ambiente. Aseguran que é fundamental coller bos ábitos nos inicios e por iso “intentamos ofrecer aos máis xoves un deporte alternativo, co fin de garantir un relevo xeracional que coide dos nosos ríos e mares”.

E como a mellor forma de facelo é practicando co exemplo, cada ano preparar o río para o inicio da tempada de pesca (15 de marzo), organizando unha limpeza nas marxes do Sil, “un pequeno xesto por todo o que nos dá”. A deste ano, a VI, tiña lugar na mañá deste domingo 1 de marzo, pola contorna do Bañadoiro e o Encoro de Santiago, en Vilamartín de Valdeorras, coa colaboración do Concello e avituallamento incluído.

Pola tarde, o club organiza, no Centro Sociocultural Santa Lucía, un taller de montaxe de moscas, charlas sobre as modalidades de pesca, novidades en canto á normativa e un pequeno mercadiño con artigos de pesca de segunda man.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.