A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantiña hoxe unha reunión co alcalde da Veiga, Juan Anta, na que abordaron posibles melloras dos servizos sociais da localidade. O Goberno galego impulsa recursos de conciliación neste municipio como as dúas casas niño postas en marcha nos últimos anos ou a casa do maior, que ofrece cinco prazas de atención diúrna.