OurenseÚltima horaVídeos

Reunión da Garda Civil e da GNR de Portugal, no Concello de Monterrei

 

Esta mañá o Concello de Monterrei acollía unha reunión da Gardia Civil e da GNR de Portugal. Trátase dun encontro que se celebra cada seis meses (cun carácter rotatorio) e no que participan representantes da GNR de Vila Real, Braga, Bragança, Viana do Castelo e fiscal do porto. Por parte da Garda Civil, está representada a de Ourense, Pontevedra, Salamanca e Zamora, é dicir, todas as unidades limítrofes co fronteira lusa.

En declaracións aos medios de comunicación, o tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Rafael Burguillo Esquina, explicaba que este tipo de xuntanzas “enmárcanse dentro dun principio de colaboración que temos entre ambos países, España e Portugal.

Nelas, matizaba, abórdanse temas “do máis transversal, pero que teñen que ver coa garantía de seguridade dos dereitos dos cidadáns tanto de Portugal como de España. Por exemplo, temas de seguridade en sentido amplo, cuestións de tratamento e intercambio de información, asuntos relacionados con investigacións, sobre todo trasnacionais ou transfronteirizas. Neste senso, este tipo de reunións cobran gran importancia”.

O tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Rafael Burguillo Esquina, tamén agradecía a colaboración do Concello de Monterrei e lembraba que a esencia da Garda Civil é “estar moi cerca do cidadán e, sobre todo, no rural, esa é a nosa verdadeira razón de ser”.

Ver vídeo

Foto e vídeo cedidos.

Back to top button