Continúa a rolda de reunións da Plataforma Dereito ao Tren polos municipios das comarcas afectadas pola supresión de paradas do AVE na Estación Porta de Galicia-A Gudiña, unha rolda que se iniciaba o pasado 11 de xuño en Viana do Bolo. Así nesta tarde os representantes desta plataforma desprazábanse ata O Barco manter dúas reunións na tarde deste 16 de xullo. Alí, expoñían os seus obxectivos e os posibles pasos ou accións a levar a cabo e incidían na relevancia de manterse unidos nas súas reivindicacións, que centran, entre outras cuestións, na recuperación dos servizos perdidos.

Así ás oito celebraban un encontro con representantes do Concello (o alcalde socialista Alfredo García, así como concelleiros do PP e do BNG), de sindicatos e tamén de diversas asociacións da comarca como son AEVA, o Clúster da Pizarra de Galicia, Asilival, a Asociación Española Contra o Cancro ou a Ruta do Viño de Valdeorra, entre outras.
Media hora despois, á xuntanza abríase á cidadanía en xeral e no seu decurso entregábanse aos asistentes ntregáronlles unhas follas de reclamación para que as distribúan pola zona de cara a presentarllas despois a Renfe.

Na xuntanza tamén se abordaba a manifestación que a plataforma prepara de cara ao vindeiro 2 de agosto na Gudiña ás 18:30h. con saída diante da estación, “unha cita clave para esixir solucións reais e reclamar o dereito para seguir vivindo —e movéndose— no rural”.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.


