En portadaÚltima hora

Reunión da veciñanza de San Vicente co alcalde de Vilamartín para abordar problemáticas como a súa reconstrución

 

A Casa do Pobo de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) quedábase pequena esta mañá para acoller a gran cantidade de persoas que acudían á reunión que, a partir das 11:30h, mantiña a veciñanza o alcalde do seu municipio: Enrique Álvarez.

A xuntanza era de suma importancia para eles, xa que no seu decurso abordábanse problemáticas urxentes para a localidade, que quedaba devastada tras a vaga de incendios do pasado verán en Valdeorras. Entre as cuestións abordadas estaban o desescombro e as actuacións a levar a cabo nese senso, tamén, a estrada, “na que está previsto volver a traballar en breve xa que a meteoroloxía o permite, e abrir o paso de emerxencia”, tal como indican os veciños.

Tamén se falaba da reconstrución das vivendas, das axudas recibidas e das non recibidas, así como da limpeza das parcelas e propiedades afectadas polos incendios forestais, entre outras cuestións.

Fotos cedidas.

Back to top button