
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá cos 28 novos directores que, tras o proceso ordinario convocado pola orde do 12 de marzo e do 13 de maio de 2026 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, se incorporarán aos centros docentes públicos da provincia de Ourense.
Nesta reunión de presentación abordáronse aspectos relativos á organización e funcionamento da Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en Ourense, ao obxecto de facilitar aos novos directores a información necesaria para o desenvolvemento das tarefas que asumen.
Asemade, o delegado territorial, trasladoulles as liñas de traballo da Consellería anunciadas polo titular da Consellería, Román Rodríguez, relativas posta en marcha dun novo paquete de melloras no ensino que amplían e intensifican o alcance das medidas do Acordo de 2023 enfocadas a blindar a calidade do sistema educativo galego.

