ConcellosManzanedaÚltima hora

Reunión do alcalde de Manzaneda coa conselleira do Medio Rural

 

O alcalde de Manzaneda, Pedro Yáñez, reuníase esta mañá en Santiago coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, para reforzar a colaboración entre ambas partes sobre asuntos como a prevención e defensa diante dos incendios forestais ou a mellora das infraestruturas rurais.

Así, no encontro abordábase a cooperación entre Xunta e Concello no marco do convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias subscrito entre Medio Rural e Seaga e que se vén de renovar.

No relativo ás infraestruturas, Medio Rural apunta que Manzaneda recibiu desde o ano 2020 máis de 260.000 euros en concepto de subvencións por parte da Xunta para a mellora dos seus camiños rurais e, na última convocatoria resolta destas achegas, correspondente ao período 2025-2026, ten asignados algo máis de 52.000 euros para esta mesma finalidade.

Back to top button