
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantiña neste 19 de xuño unha xuntanza coa alcaldesa do municipio da Pobra de Trives, Patricia Domínguez, para coñecer de primeira man as necesidades do Concello nas áreas da súa competencia e analizar posibles colaboracións ao respecto.
Con este obxectivo, durante a reunión, o representante da Xunta interesouse por cuestións relacionadas coa posta en valor do patrimonio, con accións de dinamización da cultura, con propostas para o impulso da lingua galega e tamén con aquelas encamiñadas ao apoio á mocidade deste municipio, capital da comarca Terra de Trives. Deste xeito, López Campos continúa co seu achegamento ás administracións locais para abrir vías de colaboración que contribúan ao avance nestas materias.
