
Esta mañá o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuníase co presidente da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Carlos Manuel Terán, que acudía acompañado da xerente da entidade, Cristina Rodríguez.
O presidente de AEVA abordaba o labor da asociación e os proxectos que desenvolve, mentres que o delegado da Xunta trasladáballe o compromiso desta administración a prol da defensa dos intereses dos empresarios asociados que traballan polo desenvolvemento socio-económico da comarca de Valdeorras.
