ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Reunión entre o presidente da CHMS e a alcaldesa de Viana do Bolo

 

A alcaldesa de Viana do Bolo, Graciela Diéguez, reuníase o 9 de setembro co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), un encontro no que se abordaron diferentes cuestións e necesidades que afectan ao noso concello”.

Así, entre os temas abordados, a rexedora apunta “o convenio asinado recentemente para a creación dunha nova estación depuradora en Viana do Bolo, unha actuación de especial importancia para a mellora dos servizos e da protección ambiental do municipio”.

Ademais, prosegue a rexedora, analizouse “a situación dos núcleos afectados polas riadas, especialmente o inicio dos traballos para a canalización provisional do regueiro que atravesa A Bouza, así como a continuidade das actuacións que a Confederación está a desenvolver no resto das aldeas afectadas”.

Durante o encontro, “desde o Concello trasladouse ademais a proposta de crear un paseo fluvial desde a ponte da OU-533 ata a ponte de Bembibre, unha actuación pensada para poñer en valor o contorno do río e mellorar o seu aproveitamento para o lecer e o desfrute da veciñanza. A proposta foi acollida favorablemente pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil”, indica Graciela Diéguez.

Back to top button