ConcellosO BarcoÚltima hora

Reunión informativa da Plataforma Dereito ao Tren, o 16 de xullo no Barco

Terá lugar ás 20:30 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos

Mañá, 16 de xullo, terá lugar no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Concello do Barco (terceiro andar), unha reunión informativa convocada pola Plataforma Dereito ao Tren.

 

 

Esta plataforma solicitou a colaboración do Concello do Barco, co fin de “reunir apoios cara a por en marcha medidas de presión para lograr a restitución das paradas do tren de alta velocidade na estación da Gudiña”, adiantan.

Esta xuntanza será aberta para quen queira asistir e previamente, ás 20 horas haberá unha xuntanza con diferentes asociacións e organizacións. No caso concreto de AEVA e o Centro Comercial Aberto O Barco entregáronlles unhas follas de reclamación para que as distribúan nos negocios “e que poidan ser asinadas polos clientes”.

 

 

 

Back to top button