ConcellosFestas do Cristo O BarcoGalerías de fotosÚltima hora

Ricardo Gurriarán prende a mecha das festas do Cristo no Barco

Este historiador barquense lía un pregón na noite do 10 de setembro que se pechaba coa actuación dos Íñigos

Pasadas as nove e media da noite do 10 de setembro o historiador Ricardo Gurriarán prendía a mecha que marca o inicio oficial das Festas do Cristo no Barco. Antes, e tras ser presentado polo técnico municipal de Cultura, Gustavo Docampo; lía na praza Maior un pregón ateigado de referencias ás festas, pero tamén á evolución da forma de festexar, e que estruturaba en “tres tempos”: os da súa nenez, adolescencia e idade adulta nesta localidade valdeorresa.

E neste “traslado de sensacións festeiras” matizaba que “non son nin escritor lúcido, nin poeta”. Na súa intervención non faltaban ás referencias á súa familia, e en especial á figura do seu pai, á Pena Trevinca ou ao deporte. Tamén houbo mensaxes para os máis novos, aos que lles pedía que “se neguen a estandarizar a vida”. E, por suposto, animaba aos barquenses a “participar na festa”.

O acto pechábase con sorpresa, xa que ao escenario subía o grupo Los Íñigos mentres a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta; xunto ao alcalde barquense, Alfredo García; convidaba ao pregoeiro a sumarse á formación cun instrumento para tocar un par de pezas. E como broche, prendíase a mecha do foguete destas festas do Cristo que se prolongarán ata o vindeiro 15 de setembro.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button