EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Río aposta dende o rural pola innovación e a economía social de futuro

Este municipio acollía este sábado a xornada "I Rural SocialTech" cunha ducia de proxectos de emprendemento da mocidade no rural usando as novas tecnoloxías

 

Aan Xoán de Río acolle neste sábado o evento “I Rural SocialTech: Innovación e Economía Social de Futuro”, unha mostra pioneira que combina stands, obradoiros e relatorios para proxectar o futuro do rural, e que tiña lugar entre as 10h. e as 20h. deste sábado en San Xoán de Río con diversas actividades, entre elas unha mostra que se abría esta mañá e diversos relatorios no salón de actos do Concello.

Esta mostra ten como finalidade “fomentar o emprendemento en economía social entre a xente nova e as mulleres do rural, impulsando o uso das novas tecnoloxías e a intelixencia artificial (IA) como ferramentas clave para frear o despoboamento e xerar novas oportunidades”, tal e como explica o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.

 

 

O programa de conferencias abríase da man de Marta Vázquez Guzmán, directora territorial da Consellería de Emprego,Comercio e Emigración na provincia de Ourense, e de Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán de Río, xunto a Eva D. Castro Outeiriño, Dirección e xestión de proxectos de impacto social, que presentaban os obxectivos e o marco do evento.

A continuación poñíase o foco nos fondos europeos para o desenvolvemento rural e a economía social, a través de experiencias de financiamento europea en Galicia. Neste bloque participaba Juan Manuel Revuelta, CEO Finnova.

Despois dábase paso á temática da economía socal e das cooperativas, centrada nas “oportunidades para o emprendemento feminino no medio rural. Sinerxías”, coa intervención de Pilar de Llamas, Project Manager Finnova.

 

 

Ademais falábase de “turismo sostible, dixitalización e innovación como motor de empregono medio rura” no relatorio deJuan Manuel Revuelta, CEO Finnova, así como de xestión forestal e situación actual dos incendios en Galicia, plantexando “Retos actuais e propostas de innovación social para a xestión do territorio” con Pablo López Arias, AeroGuard Galicia & Emerxencias. E, finalmente, o programa completábase co bloque “Novas tecnoloxías e emprendemento no rural”, amosando como as startups, a innovación aberta e as metodoloxías áxiles poden transformar o emprendemento rural, nunha conferencia de Roberto Touza, Startup.St.

 

 

Así este foro, que contaba coa presenza de alcaldes da zona, deputados provinciais e do presidente do Parlamento de Galicia, entre outros cargos, permitía presentar iniciativas para fortalecer o tecido económico e social do rural a través da cooperación, a innovación e a transferencia de coñecemento.

Na clausura tiñan lugar diferentes intervencións, como as da alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, e a do alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, que daban paso á presentación dun proxecto de igualdade e conciliación e doutro de voluntariado interxeracional, a cargo de Eva D. Castro (Dirección e xestión de proxectos de impacto social) e de Erika González, educadora social, respectivamente.

 

 

Deseguido, o alcalde de Río agradecía o apoio de todos aqueles que fixeron posible a organización deste evento e daba paso ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, que clausuraba o evento destacando o interese e relevancia dos proxectos presentados e tamén poñen en valor o traballo, dinamismo e iniciativas do alcalde de San Xoán de Río, así como seu talante cordial.

Fotos e vídeo Carlos G. Hervella.

 

Back to top button